La universidad portuguesa investiga el bum de la novela negra de Vigo
Un profesor de Braga publica una monografía sobre el Vigo «noir» en una revista italianaPublicado el 8 de junio del 2019 en La Voz de Galicia (edición Vigo, página 1)
Autor: E.V.Pita
Link a la noticia original:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2019/06/08/universidad-portuguesa-investiga-bum-novela-negra-vigo/0003_201906V8C1992.htm
Los docentes de Portugal ya están investigando el bum editorial de la novela negra en Vigo que revela la capacidad de la cultura gallega para empaquetar productos de consumo masivo. Así lo afirma el profesor Xaquín Núñez, del departamento de Estudios Románicos de la Universidade do Minho, en Braga, que acaba de publicar en la revista literaria Tintas, editada por la Universidad de Milán, la monografía Vigo noir. Xeografías literarias e relacións intersistémicas na nova novela galega. Este análisis literario lo hizo en el marco del Grupo de Investigación Identidade(s) e Intermedialidade(s) GSi del Centro de Estudios Humanísticos del campus bracarense. Defiende que el thriller gallego ha saltado del escenario santiagués de Crime en Compostela, escrito por Carlos G. Reigosa en 1984, al de Ollos de auga, que Domingo Villar convirtió en un best-seller en el 2006, y que está ambientado en Vigo.
«En Portugal, a nivel académico, hai un interese, si, pola literatura galega», indica el profesor Xaquín Núñez, aunque matiza que, para un público más amplio, «hai moito camiño por percorrer. O caso da novela negra viguesa podía ser un bo exemplo de mesma tradición cultural e mercado porque estamos a falar de espazos que os portugueses, sobre todo do norte, coñecen ben de primeira man».El artículo surgió en la celebración de un congreso sobre las literaturas ibéricas, vistas desde la periferia, que organizó el Centro de Estudos Comparatistas da Universidade de Lisboa, «que ten tido unha preocupación constante pola diversidade literaria e cultural peninsular». Por otro lado, en la Universidade do Minho, el Centro de Estudos Galegos organiza con frecuencia encuentros con escritores y artistas portugueses y gallegos, «cun grande dinamismo cultural». Núñez, en su artículo, analiza cuatro novelas negras que transcurren en Vigo. Se trata de Ollos de auga y A praia dos afogados, de Villar, Os fillos do mar, de Pedro Feijoo, y Tes ata as dez, de Francisco Castro.
A mayores, este docente de Braga destaca La gabardina azul, que autoeditó en castellano Daniel Cid en el 2017 y que lideró varias semanas las ventas en Amazon. El autor del artículo ve varias razones para explicar el bum vigués en un género muy rentable y sistémico. Por un lado, cita la legitimación de la novela policial a nivel global, «o que propiciará unha aposta paralela no sistema galego, con grande capacidade, ademais, de exportación ao ámbito ibérico».
Añade que los arquetipos del género incluyen una localización urbana, Vigo, que confluye con el turismo literario del Vigo histórico o el atractivo de las rías y que ofrece una cartografía reconocible al lector. «A ambientación viguesa, como marca cultural específica, e o éxito acadado na literatura galega son elementos que se destacan recorrentemente como reclamo editorial», continúa el experto. Añade que «o eco do policial da ambientación viguesa estimulará a aparición de narracións orixinais en español, seguindo patróns compositivos parecidos», en referencia a La gabardina azul. «Aparecen as rúas e o porto da cidade olívica, que forman parte tamén do escenario deste relato de suspense, asasinato e drogas», explica Núñez.
El profesor también ve «vasos comunicantes» entre los escritores vigueses. Recuerda que Daniel Cid fue a un taller de escritura de Francisco Castro. «É notorio o recoñecemento mutuo entre eles, pública a amizade entre Feijoo e Castro e habitual a participación en iniciativas comúns, o cal ten dado pé á designación dunha escola galega de novela negra, cuxo sentido colectivo negaba recentemente Pedro Feijoo», dice este docente, que se doctoró en Valle-Inclán.
.....................................................
Link a la segunda noticia relacionada
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2019/06/07/barcelona-pepe-carvalho-explica-boa-acollida-das-novelas-vigo/00031559935375507762344.htm
«A Barcelona de Pepe Carvalho explica a boa acollida das novelas en Vigo»
El profesor de la Universidade do Minho Xaquín Nuñez estudia el fenómeno de la novela policíaca
El profesor Xaquín Núñez trabaja en el departamento de Estudios Románicos de la Universidade do Minho, en Braga. Él se define como «compostelán de vocación, asentado en Braga e con raíces en Brasil. A miña infancia aniña en Urdilde e onde o mundo se chama Zacande». En la Universidad de Santiago de Compostela se doctoró con una tesis sobre el escritor gallego Valle-Inclán.
-No meu artigo non abordo a cuestión teórica do xénero negro, que, por outra parte, está, como todas as categorías literarias, en constante proceso de transformación e revisión. Véxase, sen ir máis lonxe, a novela Elena sabe da arxentina Claudia Piñeiro, recentemente galardonada co Premio Pepe Carvalho de novela negra, que rompe as costuras tradicionais do xénero. Por certo, seguindo a rica tradición arxentina de renovación do relato policial e negro, levada a cabo por escritores como Borges ou Piglia, que teñen teorizado sobre o tema.
-¿Pódese falar xa do subgénero literario do Vigo "noir" ?
-Este artigo encádrase nunha liña de investigación sobre as cartografías da narrativa galega (literarias, cinematográficas, televisivas..). O que me interesaba analizar, neste caso en concreto, e a partir dunhas hipóteses de traballo é que hai unha serie de novelas que, aínda con importantes diferenzas entre si, responden a un idéntico perfil: ambientadas en Vigo e na súa contorna, cunha presenza inequívoca da cartografía da cidade que é detalladamente descrita nos relatos e cunha temática negra que envolve misterios, suspense, mortes, asasinatos.
- ¿Cáles son as características e autores máis famosos ou as obras de referencia imprescindibles para coñecer o Vigo negro?
- Ao fío do anterior, non busquei nas tres obras seleccionadas unha dimensión arquetípica nin representativa, senón que fose moi explícita a pegada da cidade no relato e, sobre todo, a súa posición no sistema literario galego e a capacidade de proxectarse alén del. As obras de Domingo Villar, Pedro Feijóo e Francisco Castro seleccionadas (Ollos de auga, A praia dos afogados, Os fillos do mar e Tes ata as dez) teñen en común que concitaron unha grande atención do lector, con moitas copias vendidas e diversas edicións. A literatura de entretemento entraba, non só con eles, pola porta grande na literatura galega. Ademais, a espacialidade dos relatos e o elemento lúdico do policial posibilitaba a súa conversión en actividades de divulgación cultural: roteiros literarios ou mapas dixitais de Vigo achegan ao lector a experiencia da narración de suspense.
-¿Qué máis resalta desas obras?
- Por outro lado, as catro obras foron traducidas. Todas elas ao castelán, o que revela o excelente comportamento da temática, alén do campo galego. De feito, o funcionamento como modelo na literatura en galego, ten xerado relatos policiais escritos en castelán. Por exemplo, o caso de A gabardina azul, de Daniel Cid, tamén ambientada en Vigo e debedora, segundo testemuñou o autor, dos talleres de escritor impartidos por Francisco Castro. Por certo, esta novela mantívose durante semanas no número 1 de vendas en Amazon na súa categoría, o que reforza o excelente acollemento da crítica do policial ambientado en Vigo.
- ¿Por qué Vigo atrae aos novelistas do xénero negro?
- Está tamén abordado no artigo. No arquetipo do xénero, fundamentalmente urbano (aínda que non exclusivamente) está a cidade portuaria, industrial, que se abre á modernidade e con todos os problemas sociais que esta triangulación conleva. Vigo, en Galicia, é a cidade que máis se axusta a este modelo. Logo hai que ter en conta, por suposto, a potencialidade editorial da cidade, sede de dous dos máis importantes selos galegos.
- Vostede ve un eco entre Sherlock e Watson e o inspector Leo Caldas e o seu axudante aragonés. ¿É un esquema que triunfa?
- Forma parte tamén, claro está, de moitos dos esquemas habituais do xénero. No caso de Caldas e Rafael Estévez creo que ten a finalidade de introducir aspectos humorísticos, dados os malentendidos culturais co aragonés e, implicitamente, reforzar a caracterización galega do relato. Por certo, desde o meu punto de vista, na última novela, O último barco, Estévez vai tomando consistencia como personaxe, ten unha caracterización menos estereotipada, para gañar perfiles propios.- También compara a Barcelona negra e o Vigo negro.-O que digo, no seguimento da resposta anterior, é que Barcelona representou esa confluencia de burguesía, industrialización e actividade portuaria. Sobre todo, despois de Vázquez Montalbán, que terá unha grande influencia non só sobre escritores das literaturas peninsulares, senón fóra delas. Esta certa analoxía con Barcelona creo que explica, en certa medida, a boa acollida do sistema editorial español das novelas ambientadas en Vigo, unha vez que o lector está familiarizado co modelo. Ademais das habilidades narrativas dos escritores, por suposto.
- Di que A praia dos afogados foi un antes e un despois.
- Digo que foi un boom editorial importante e iso contribuíu a consolidar as narrativas deste tipo. Iso non quero dicir que as obras dos tres autores sexan intercambiables. O que me interesa enfatizar é que no proceso de normalización da literatura galega, a literatura de entretemento, cunha orientación máis comercial, dirixida a un público amplo foi concretándose aos poucos. E, por suposto, a contribución de Villar foi fundamental. Claro que isto coloca outras cuestións a debate, comúns a todos os sistemas literarios. Ata que punto a dimensión comercial condiciona a arte, ata que punto a capacidade de absorción doutras literaturas ?neste caso tan potente como a edición en español- pode condicionar as opcións repertoriais dos escritores... Por outro lado, é lóxico que se unha literatura non quere converterse en autorreferencial ten que ter esa tensión constante e esa porosidade temática.
- ¿Vigo reemplaza a Compostela?
- Non, Vigo non é o único espazo do relato negro galego contemporáneo (aí están as novelas de Diego Ameixeiras). O que dicía é que os investigadores e críticos que se aproximaron a esta cuestión, outorgáronlle un carácter case fundacional do xénero na literatura galega á novela de Carlos Reigosa Crime en Compostela. - Como estudioso da literatura ¿considera que isto é unha moda pasaxeira ou hai detrás unha corrente máis profunda?- Iso sempre é difícil de anticipar. Os xéneros, os modelos... triunfan, repítense, poden volverse redundantes, renóvanse... O que é constatable é que ata o momento a saúde que ten demostrado é excelente. Por outro lado, hoxe o consumidor non só le literatura, alén do cinema, as series de televisión (por certo non é casualidade que a primeira serie galega que incorpora a Netflix O sabor das margaridas pertenza tamén ao ao thriller policial), mesmo os vídeoxogos. De modo que todo iso, cunha crecente globalización condiciona tamén os diversos repertorios.
- Vostede está en contacto con universidades de Portugal. ¿Hai unha interese pola novela negra viguesa?
- En Portugal, a nivel académico, hai un interese, si, pola literatura galega. Este artigo partiu dun congreso sobre as literaturas ibéricas, vistas desde a periferia, que organizou o Centro de Estudos Comparatistas da Universidade de Lisboa, que ten tido unha preocupación constante pola diversidade literaria e cultural peninsular. Por outro lado, na miña universidade, na Universidade do Minho, o Centro de Estudos Galegos organiza con frecuencia encontros con escritores e artistas portugueses e galegos, cun grande dinamismo cultural. Agora ben, en termos de proxección editorial para o público máis amplo, coido que hai un longo camiño por percorrer, que imaxino que obedece a tradicións culturais, opcións de mercado, etc. O caso da novela negra viguesa podía ser un bo exemplo, porque estamos a falar de espazos que os portugueses, sobre todo do norte, coñecen ben de primeira man.
No hay comentarios:
Publicar un comentario