Mostrando entradas con la etiqueta banda deseñada. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta banda deseñada. Mostrar todas las entradas

sábado, 14 de noviembre de 2020

Cómic en galego: Álbum en banda deseñada do covid / Título: "A longa noite do coronavirus" / Autor: E.V.Pita (2020)

  

 Álbum en banda deseñada do covid "A longa noite do coronavirus"

LEMBRANZAS DA CORENTENA

Crónica do confinamento e da segunda vaga

Páxinas 1 a 21 

(E.V.Pita, 2020)

ÁLBUM EN PDF (PÁXINAS 1 A 12)



Ver el link original:
https://evpitacomic.blogspot.com/2020/11/banda-desenada-do-covid-paxinas-1-21.html





Na Fin de Ano do 2019, houbo moita alarma en China pola aparición dunha enfermidade chamada covid-19, causada por un coronavirus, o SARS-CoV-2, que contaxiaba moito e corría como o lume. O virus era malo coma o demo. Ao cabo duns días, a cidade de Wuhan foi sometida a unha corentena. Daquela, xa estaban contaxiadas 80.000 persoas, das que morreron 3.000 (logo dixeron 4.600)

 En febreiro, o foco mundial do contaxio pasou ao norte de Italia, que tivo que pechar escolas, museus, tendas, suspender viaxes en avión e confinar á súa poboación.

 En marzo, o virus chegou a Madrid, e o 14 de marzo, o Goberno decretou o aillamento nas súas casas de 47 millóns de habitantes. Empezaban as lembranzas da corentena...

O álbum conta o que pasou ata o 17 de maio, en plena fase I do desconfinamento e a desescalada cara a "nova normalidade".



A obra, que está disponible en PDF, reúne en máis de 250 viñetas, un compendio do que pasou entre o 30 de nadal do 2019, cando un oculista chinés deu a alerta en Wuhan, ata o 9 de novembro, no medio da segunda vaga de covid en Europa, cuando Pfizer anunciou que tiña unha vacina cun 90 % de efectividade.

Este álbum de banda deseñada recrea os momentos posteriores ao decreto de estado de alarma do 14 de marzo, o posterior confinamiento, as fases da desescalada e os rebrotes e a segunda vaga, e a carreira mundial pola vacina.


PDF: Descargar ou ver "on line" o PDF do album neste link:
https://evpitawriting.files.wordpress.com/2020/11/coronavirusgalego1-21.pdf



............................................................................................................................................................


Nesta páxina, descríbese cómo foi a carreira mundial para ter a vacina. Desde os remedios dun médico rural de Nova Iorque ata as recomendacións dun epidemiólogo francés.

Tamén trata dos intentos dos grandes países por ofrecer unha vacina en tempo récord e na que participaron Rusia, China, EE.UU. e Europa. O relato non esquece os anuncios dos políticos americáns por ter unha vacina antes das eleccións presidenciais.

Finalmente, faise referencia ao logro de Pfizer de obter unha vacina dun 90 % de eficacia o 9 de novembro.
















Nesta páxina lembrase cómo foi a declaración da pandemia mundial en marzo do 2020 por parte da OMS. Empezou a carreira dos países por facerse con máscaras de protección e iniciaronse as probas de PCR.

A poboación observaba con incredulidade cómo a enfermidade do covid saltaba dun país a outro cunha gran rapidez. Pronto empezaron a botar as culpas a algún país en concreto mentras outros restaban importancia aos contaxios. E houbo quen propuso facer unha "inmunidade de grupo" nun país enteiro.




................................................................................................................................................

OUTRAS PÁXINAS





-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

¿CÓMO IMPRIMIR O ALBUM?


CONSELLOS PARA IMPRIMIR ESTE ALBUM E TER UN RECORDO DA PANDEMIA

 
Para imprimir este album, compre picar neste link que leva ao PDF en liña. O PDF pódese ler "on line" ou baixalo.

DESCARGAR O PDF:


Unha vez descargado, compre imprimir en papel adhesivo e por separado a portada e tamén a contraportada.

Logo imprimir en papel forte, a doble cara, o resto do album, (unhas 26 páxinas). 

Consello: antes de imprimir, axustar ven as marxes das páxinas para que haxa aire. (probar cunha reducción dun 95 a 90 %).

Encuadernar con tapa dura (tipo libro) e pegar os adhesivos na páxina da portada e contraportada. 



O resultado é un album de cómic ben feito que quedará como unha lembranza da época histórica da pandemia e tamén pode valer para facer un agasallo do Nadal. 



...............................................................................................................................

A VERSIÓN ANTIGA

(só recolle o confinamento)


Ver o album en PDF (páxinas 1 a  12) en:


.....................................................................................................................................

VERSIÓN EN CASTELÁN

A versión en castelán está dispoñible neste PDF:

Ver el álbum en PDF (páginas 1 a  21) en:
https://evpitawriting.files.wordpress.com/2020/11/diariocoronavirus1-21b-1.pdf